Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Ribeira dará continuidade aos programas de inclusión social e atención a  persoas migrantes


O Concello de Ribeira, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, dará continuidade aos programas de inclusión social e atención a persoas migrantes, “eixes de acción principais en calquera acción de goberno municipal” segundo afirmou o concelleiro Vicente Mariño.

No Programa Básico de Inclusión Social os Servizos Sociais Comunitarios fan unha valoración profesional das situacións de risco ou exclusión social, procurando darlles resposta ou derivar ao recurso idóneo, aplicando proxectos de intervención social persoalizados e prestacións económicas específicas.

Neste programa proporciónase información sobre recursos para a cobertura das necesidades básicas, tanto propios, como doutras administracións ou entidades sociais. O obxectivo deste programa é o de mellorar a situación socioeconómica e residencial dos colectivos afectados.

Servizos Sociais tamén ten un programa específico de atención a persoas migrantes. O Concello de Ribeira ten una diversa comunidade migrante que ronda o 5% da poboación total; e a través deste programa proporciónase información útil sobre o funcionamientodos sistemas de servicios sociais, saúde, educación e emprego; así como tamén se informa e asesora en trámites de extranxería e asilo.